Cargando Eventos

Xuño 2018

Concerto de Pedro Alisedo Goycoa en El Canalla o 29 de xuño

29/06/2018
Soco & Friends Pedro Alisedo Goycoa El Canalla Sada EdeSada

O 29 de xuño ás 22:30h concerto de Pedro Alisedo Goycoa: Soco & Friends Entrada gratuíta.  

En Modo Verán, 30 de xuño, festa infantil

30/06/2018
Festas Sada 2018 EdeSada

En Modo Verán, 30 de xuño as 17:00h en O Curruncho Inchables, xogos, animación, clown, malabares, maxia, concerto.  

Xullo 2018

Festas do Carme 2018 Sada

14/07/2018
Festas Sada 2018 EdeSada

Como todos os anos, Sada celebra a Festa do Carme, patrona dos mariñeiros. Misa, procesión marítima, sardiñada e xogos infantís. Concertos de Wondermind e Mamá Cabra Actuacións Requinta da Laxeira e Xosé Antonio Touriñán Sábado 14 18:00h: misa mariñeira na Lonxa 19:00h: Procesión marítima 20:30h: Sardiñada e actuación de A Requinta da Laxeira 22:30h: Actuación de Xosé Antonio Tourián 23:00h: Concerto de Wondermind Domingo 15 11:00h: xogos infantís 14:00h: concerto de Mamá Cabra

Concerto de Carmen Rey en La Espina Gandarío

14/07/2018
Carmen Rey La espina Gandario EdeSada

Carmen Rey,  é unha das artitas máis persoais do panorama do Jazz, Soul e Funk en Galicia, finalista ao premio Martín Codax de Blues, Funk e Soul do 2018, está a presentar o seu novo disco "...maña...", un traballo que chega oito anos despois do seu anterior "Meu", precedido por "Fuera". Oito temas orixinais cantados en galego con elegantes arranxos onde xoga coa improvisación. Nestes oito anos, compaxinou o seu proxecto persoal co traballo á fronte de outros proxectos como o…

XXVI festa da cervexa de Sada 2018

20/07/2018
Festas Sada 2018 EdeSada

Os días 20, 21 e 22 de xullo Sada celebra a súa tradicional festa da cervexa que xa vai pola 16 edición. Ademais de catar as distintas cervexas nas 25 carpas habilitadas, poderás disfrutar dos concertos de Treixadura, Banda Xangai, París Joel, A Bilioteca Máxica, Cesar de Centi e Silvia Penide. Venres 20 12:00h: apertura de stands 20:00h: circo de rúa con As Sircópatas 22:00h: Concerto de Banda Xangai Sábado 21 12:00h: apertura de stands 20:00h: festival de música folk 23:00h:…

Festas Sada 2018 EdeSada

Concerto da Gallaecia All Stars co musical “Mellor, Mellor”

24/07/2018 - 22:00
Xardíns paseo marítimo, Praia Nova, Avenida da Mariña
Sada
A Coruña
15165
Spain
+ Google Map

O 24 de xullo a Gallaecia All Stars estará en Sada co seu musical "MELLOR, MELLOR". Un espectáculo de dúas horas ininterrumpidas para todos os públicos cunha coidada posta en escea, onde se realiza unha viaxe aos tempos das grandes Big bands, misturando música e humor, cun repertorio dos clásicos do swing, latin, boleros, mambos, chachachás, rock an roll, soul…. Aos trece músicos da banda engádese o cantante Sergio Zearreta e a cantante Paty Lesta e un invitado estrela, Luis Iglesia.

Más información »

Concerto da Banda Municipal de Sada

26/07/2018
Festas Sada 2018 EdeSada

Concerto da Banda Municipal de Sada con repertorio de música clásica do modernismo así como composicións sinfónicas relacionadas co jazz

VII Feira Modernista de Sada

27/07/2018
Festas Sada 2018 EdeSada

A Feira Modernista de Sada é  a día de hoxe unha das maiores expresión festivas do calendario na vila, marcada pola música jazz, vocal, pasarrúas, danza coa participación da poboación como eixo principal. Venres 27 Mercado, pasarrúas, audiovisuais, exposición, concertos e máis Sábado 28 Mercado, xogos tradicionais, pasarrúas, autos de época, concertos e máis Domingo 29 Mercado, bicicletas clásicas, picnic popular, concertos e máis

Agosto 2018

Gastrorock, Festa Blanquiazul

04/08/2018
Festas Sada 2018 EdeSada

Concertos e gastronomia, actividades de promoción do deportivismo e visitas de xogadores do Deportivo organizado pola Peña Ribera de Sada Sábado 4 Festival rockabilly Domingo 5 Sesión vermut con Los Claretes Actividades de promoción do sentimento deportivista

Noite de observación de estrelas Perseidas

10/08/2018
Festas Sada 2018 EdeSada

Noite de observación de estrelas Perseidas.  Os Amigos de Jaítos, homenaxean a Juan Carlos Medal, astrónomo sadense cofundador da Casa das Ciencias de A Coruña Ás 23:00h obsevación das Perseidas no paseo marítimo xunto á Casa da Cultura Pintor Lloréns.

+ Exportar Eventos

Eventos pasados

Navegación en calendario mensual

Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Domingo
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
1
2
3
4
+ Exportar Eventos