Información útil sobre Sada

Información útil

Que tempo hai en Sada? Costumes culturais? Onde podo atopar…? Bótalle unha ollada a esta sección de información útil de Sada e atopa resposta a algunhas das preguntas habituais que xurden antes de visitar Sada.

Historia de Sada

Aínda que as orixes son incertas, os numerosos castros atopados indican que os seus fundadores foron os ártabros, unha tribu celta que comezará a comercializar a pesca va na Idade e Bronce.

Fenicios, gregos e cartaxineses, a través das súas viaxes polo Atlántico chegaron a estas terras. Créese que o nome de Sada provén dos fenícios que chamaron á ría “Saida”, que significa “abundante pesca”

 

 

Idioma

En Galicia hai dous idiomas oficiais, o galego e o castelán, e cada vez hai máis xente que entende e fala o inglés.

Costumes

En Sada poderás disfrutar de unha gran variedade de actividades ao longo de todo o ano, así como dun entorno inmellorábel. Coñece un pouco máis de como é o día a día e como se vive en Sada.

Clima

Bañada polo Océano Atlantico e situada ao sur de Europa, ten un clima oceánico meridional con temperaturas suaves durante todo o ano.

Consulta o tempo

O mar e a ría

O paseo marítimo de Sada, que une o litoral da vila, convertiuse nun dos centros de ocio ao aire libre máis atractivos da zona. Outros atractivos son a variedade de praias, así como o porto deportivo e pesqueiro.