Cerámicas o Castro (Sargadelos) e museo Carlos Maside

Cerámicas O Castro (Sargadelos)

Fabrica o Castro Sargadelos EdeSada
Na parroquia Osedo encontrase o Complexo Industrial e Cultural de O Castro, onde se atopa a fábrica de Cerámicas O Castro de Sargadelos.Esta fábrica é famosa pola súa cerámica de vaixelas e de figuras de edicións limitadas de artistas galegos, constituíndo un dos exemplos máis significativos da cultura galega.

Máis información

+Como chegar

Páxina web

Museo Carlos Maside

Museo de Arte Contemporaneo Carlos Maside Sada EdeSada
O museo nace no ano 1970 a partir das distintas doazóns  das coleccións particulares dos membros fundadores do Laboratorio de Formas, que fora creado por por Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo, co obxectivo de reunir obras de artistas galegos da xeración dos anos trinta e ampliala con creacións contemporaneas.Atópase nun edificio onde se poden atopar ademais a Fabrica de Cerámicas O Castro, o edificio destinado a mostra de cerámica, librería e sala de explosicións.

O elemento mais característico é do edificio do museo, formado por modulos hexagonais distribuídos en torno ao módulo central.

A exposición repártese nas tres plantas do edificio. Expóñense as obras de Castelao, xerme do Movemento Renovador, e obras de outros artistas como Maruja Mallo, Francisco Lloréns, Xesús Corredoira, Francisco Asorey, Arturo Souto etc; e dos Renovadores, con obras de Laxeiro, Colmeiro, Maside ou Luís Seoane. Xunto a eles atópanse as obras de figuras singulares como Eugenio Granell e Urbano Lugrís. Poden contemplarse nesta mesma planta obras de artistas de Vangarda coma os pertencentes ó grupo Atlántica. Finalmente, a última planta está dedicada ao debuxo humorístico.

Actualmente está en proceso para declaralo BIC

Maís información

Como chegar