Pazo de Meirás

Pazo de Meirás Sada EdeSada

O Pazo de Meirás foi construído a finais do século XIX por riba das ruínas dun antigo edificio derrubado durante a Guerra de Independencia. O seu estilo é romántico. O inmoble consta de tres torres con ameas, de distinto tamaño e de planta cadrada, unidas por un corpo máis baixo, de cantería de granito.A torre maior, chamada A Torre da Quimera por Emilia Pardo Bazán, é onde se atopaba a súa biblioteca, e está situada á dereita do edificio. As dúas torres frontais están unidas por un pequeno corpo, que forma o amplo vestíbulo do pazo. Entre as torres menores, no lateral dereito do conxunto, atópase a capela, cunha portada románica trasladada doutro lugar. Nesta capela celebrou a súa voda a escritora o 10 de xullo de 1868. Tamén se poden atopar alí pezas arqueolóxicas interesantes, cruceiros, fontes, balaústres ou escudos traídos doutros pazos galegos (Sada, Ximonde, Ermida, Bendaña).
En decembro de 2008 a Xunta de Galicia declarouno Ben de Interese Cultural (BIC).

Visitas

Mes de Agosto

Días:

  • Martes día 1 e mércores día 2
  • Mércores día 30 e xoves 31

Horario:

  • 11:00 e 12:30
  • 15:00 e 16:30

Máis información:

http://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/6852/pazo-de-meiras?langId=gl_ES