Praias

Loading map...

Loading


Sada dispón dunha ampla oferta de praias que van desde o tipo urbano, con todas as comodidades e servizos que o viaxante pode esperar dunha vila turística, a aquelas mas ailladas e vírxes para o/a visitante máis intrépido que busca experiencias cercanas coa natureza e o mar.


Praia de Arnela

Como chegar

Praia situada entre Lobos e Armenteiro con 175m  de lonxitude, de forma rectilinea. Con rochas e escasez de area de tipo fina. Ideal para o buceo e deportes náuticos. Pouco masificada.
Accédese desde o centro da vila pola estarada AC-163 Sada-Mera ou tamén desde a ruta de sendeirismo “Costa Doce“.

Playa de Cirro

Como chegar


Praia de area blanca de 220m de lonxitude con camping e restaurante cercano. Dispón de socorristas, aparcamento, papeleiras, baños, acceso para persoas con mobilidade reducida, duchas e lavapés.
Accédese desde a estrada AC-173 Sada-Mera

Praia das Delicias

Como chegar


Praia próxima ao núcleo urbán de area fina e blanca. Conta con zonas de terraza ao lango da praia e un merendeiro. Augas tranquilas onde ademais se poden practicar distintos deportes náuticos, como a vela, ou surf (150 m desde a costa permitido para a práctica).
Dispón de zona de aparcamento público, duchas, baños, adaptada a persoas con mobilidade reducida, así como servicio de socorrismo durante a tempada de verán.

Praia dos Lobos

Como chegar


Praia en zona aillada, con escasa area con abundancia de roca cunha lonxitude de 70m.
Accédese desde a vila pola estrada AC-163 Sada-Mera. Tamén a través da ruta de sendeirismo  “Costa Doce”

Praia de Lourido

Como chegar


Praia aillada composta por rochas e escasa area con especial encanto paisaxístico, cunha lonxitude de 180m.
Acceso a través da estrada AC-163, Sada-Mera, así como de la ruta de senderimo “Costa Doce

Praia de Morazón

Como chegar


Praia situada perto do porto pesqueiro de Fontán, cerca do centro urbán. Ten unha lonxitude aproximada de 150m.
Accédese a pé desde as escaleiras situadas no porto tomando a Rúa de abaixo, ou en coche saíndo de Sada dirección Mera desviándose á dereita en Fontán continuando polo barrio mariñeiro.

Praia Nova

Como chegar


Está situada no núcleo urbán, conta con 450m de lonxitude, á que se pode acceder desde o Paseo Marítimo. Amplas zonas verdes, deportiva (tenis, baloncesto). Ideal para disfrutar do sol e deportes náuticos.
Dispón de duchas, baño, lavapés, adaptada para personas con mobilidade reducida e servizo de socorrismo en temporada estival.

Praia de San Pedro

Como chegar


Praia en entorno semiurbán cunha lonxitude de 280m, de area blanca e grosa. Apta para a práctica de vela, disfrutar coa familia ou deportes náuticos en xeral.
Dispón de campings cercanos.
Accédese desde o centro urbán, pola estrada AC-173, Sada-Mera cerca o pobo de Veigue.
Dispón de aparcamento, baños, duchas, acceso para persoas con mobilidad reducida e papeleiras.

Praia de Gandarío

Como chegar


Situada no Concello de Bergondo, na estrada Sada-Betanzos, atópase a praia de Gandarío; tratase dun areal tranquilo e con bo equipamento turístico (duchas, baños, campings, restaurantes, cafés, deportes nauticos, etc.)
Pode accederse andando desde o centro urbán xa que se atopa a poucos minutos.