En Sada podemos disfrutar de dous roteiros de sendeirismo así como un dos puntos de inicio da Ruta Xacobea que une Sada ao camiño inglés en Betanzos procedente de Ferrol .
Roteiro Mariñán e Costa Doce
PR-G-96
Este roteiro percorre gran parte do litoral do concello de Sada. Está homologada pola Federación Galega de Montañismo.
O percorrido comeza no Castelo de Fontan, e continúa polo Monte do Pobre e A Canteira; neste punto o percorrido bifurcase, pudendo elixir entre o Camiño Real e ou continuar pola costa.
-
Castelo de Fontán – Praia de Cirro:
- >> Percorrido: 9,4 km
- >> Duración: 4 h
- >> Dificultade: baixa
- >> Tipo de trazado: liñal, bidireccional
Ruta Praia de As Delicias – Agra das Arcas
Ruta idonea para facela en bicicleta; comeza no Castelo de Fontán, onde enlaza coa ruta de Costa Doce, e continúa polo paseo marítimo ata chegar á praia das Delicias e finaliza en O Castro.
Durante a ruta pódense atopar diversos paneis explicativos sobre flora e fauna da zona; desde o punto máis alto do percorrido pode tamén contemplarse gran parte do concello e da ría, así como ter unha vista xeral de As Brañas, unha zona de humedal de gran riqueza natural
-
O Castro – Praia de As Delicias
- >> Percorrido: 5,6 km
- >> Dificultade: moderada
- >> Tipo de trazado: 2 h
- >> Apto para bicicleta
Camiño de Santiago (Ruta mariñana)
No porto de Fontán inciase o camiño que une Sada con Betanzos na ruta inglesa que nace en Ferrol.
O camiño discorre pola Costa de Ouces para continuar por Mesoiro, o Casal e Río, pola A Areosa, Bergondiño, bordeando o adro da igrexa parroquial de San Salvador de Bergondo, segue por Santa Marta de Babío, para continuar polas Leiras; este treito recibe o nome de Camiño dos Mouros, continuando por Carrio e Miodelo.
Prosegue por Pontellas e Illobre ata chegar ata o santuario de A Nosa Señora das Angustias, descender por A Condomiña ata A Magdalena para finalmente entrar ao centro da Cidade de Betanzos ou continuar por O Carregal ata As Cascas e proseguir a ruta cara Santiago.
Un camiño de dificultade media, con sinalización.