Turismo marítimo

Porto deportivo

A ría que fai parte das Mariñas é abrigada, o que permite navegar durante todo o ano. Isto convirte ao porto de Sada nun dos principais á hora de desfrutar das embarcacións de recreo.

Consta de 1300 amarres, xestionados por tres entidades: Marina Sada, que admnistra a marioría das prazas, Club Nautico de Sada, e Portos de Galicia que se encarga da parte máis pequena do porto deportivo.

É un dos mellores portos refuxio do noroeste e posúe a bandeira azul que certifica a súa calidade.

Poderás disfrutar de cursos de vela e regatas ou alugar un veleiro para navegar pola ría, practicar windsurf, paddle, sur, vela, pesca deportiva, submarinismo ou realizar rutas de kayak.

Sada é un lugar ideal para realizar calquer tipo de deporte acuático.

Porto pesqueiro

O porto de Fontán é o nome que recibe o porto pesqueiro de Sada.
A súa fama provén por ser un porto de referencia na captura da sardiña, o que fai parte importante do desenvolvemento da vila.

Nel poderás atopar numerosas embarcacións de pesca artesanal e de cerco, que captura sardiñas, xurelo e polvo entre outras especies.
Tamén se poden ver maricadores e mariscadoras na praia da Delicias extraendo ameixa.
O 16 de xullo celébrase a festa do Carme, patrona dos mariñeiros.