Xogos Curruncheiros Sada

Os Xogos Curruncheiros nacen dunha xuntanza xurdida a partir da páxina de Facebook “Eres de Sada si” no 2014, na que as persoas participantes conclúen da importancia de facer unha festa como as de antes, onde a veciñanza sexa a organizadora e protagonista.
Desde ese ano, ininterrumpidamente, celebrase no Curruncho diversas actividades lúdicas e gastronomicas onde, desde a veciñanza máis cativa ata os máis vellos do lugar comparten un día de lecer e divertimento.